OS PERIODOS DO ENTROIDO
- Domingo Fareleiro ou Borrallento: Coincide co domingo de septuaxésima, e nesta da é costume que os veciños se manchen uns ós outros con "borralla" ou "farelo", a fariña de peor calidade.
- Xoves de Compadres: Neste día realízase unha tradicional pelexa entre sexos. As mozas fabrican un boneco ou varios bonecos que representan os homes e tentan queimalo, mentres os mozos loitan por llo roubar.
- Domingo Corredoiro ou Oleiro: Nesta data realízanse celebracións moi diferentes segundo os lugares. Tradicionalmente era cando se facía a corrida do galo; en Laza lánzanse formigas enriba da xente e faise a farrapada, loita con farrapos enchoupados en lama ou esterco. Na Praza Maior de Xinzo celébrase o xogo das olas, en que os participantes se pasan olas de barro, e a aquel que a rompa debe pagar unha rolda.
- Xoves de Comadres: Ó revés do de Compadres, son os homes os que fan un ou varios bonecos con feitura de muller e son estas quen loitan por llelo sacar.
- Domingo de Entroido: Comeza a festa maior.
- Martes de Entroido: En moitos lugares celébranse os "Testamentos" do Entroido e entérrase a representación da festa.
- Mércores de Cinza: É a data na que todo remata, e a escolleita en moitas vilas e aldeas para enterra-la sardiña
No hay comentarios:
Publicar un comentario